![]()
Período
extraordinario de matrícula no bacharelato a
distancia por medios telemáticos.
Poderase matricular no prazo extraordinario, con anterioridade
do 30 de abril de 2012 , nos seguintes casos:
-
Cando
acredite documentalmente un cambio na súa situación laboral que
lle impida continuar os estudos con regularidade.
-
En caso de
enfermidade prolongada acreditada.
-
Por outras
circunstancias acreditadas que lle impidan continuar os estudos a través
da oferta educativa ordinaria ou presencial de adultos.
O procedemento de matrícula é:
1º Solicitude
de matrícula no período extraordinario indicando, razoadamente, o
caso no que se encontra. A solicitude poderá mandala por calquera dos
seguintes medios:
-
Correo electrónico: iessanclemente@gmail.com
-
Fax: 981572190
-
Correo ordinario: IES San Clemente
(Rúa San Clemente nº 1 15705Santiago de Compostela.)
Contestaremos, cun
sms, a un número de teléfono que
deberá pór na solicitude.
2º Unha vez
autorizada a solicitude se lle pedira formalizar a matrícula, a
documentación:
Documentación acreditativa ca condición extraordinaria que
permite realizar a matrícula neste prazo.
Se vostede foi
alumno de bacharelato no noso centro, precisa presentar:
Fotocopia do DNI.
Sobre de Matrícula Cuberto que recollerá no IES San Clemente
no momento da matrícula.
Se vostede nunca estudiou
no IES San Clemente o Bacharelato:
Unha foto tamaño carné.
Unha certificación académica dos estudios realizados
(bacharelato ou unha que xustifique o acceso a bacharelato).
Fotocopia do DNI.
Sobre de Matrícula Cuberto que recollerá no IES San Clemente
no momento da matrícula.
3º Presente os documentos, co sobre de matrícula cuberto, nas
oficinas do IES San Clemente en horario de

